Boas compañeiros!
Bueno, despois do éxito da última cea, e dun descanso para as organizadoras, volvemos dando caña.
Estamos empezando a programar unha nova cea, que pode ser inclusive mellor que a anterior, para o xoves 25 de novembro.
A cousa vai ser máis ou menos igual ca outra vez, primeiro necesitamos unha lista provisional o máis concreta posible coa xente que estea disposta a participar neste gran evento de químicos. Logo pasaremos outro papeliño para ter unha lista definitiva cos vosos nomes, onde poñeremos o menú, o lugar e a hora. Por último, como xa sabedes, solicitamos o pago por adiantado, para non ter problemas logo de que falte xente.
Para darvos unha pequena referencia de cómo vai ir o do prezo, en principio tíñamos pensado celebrar a cea no mesmo sitio que a última vez (o Oregar) xa que quedamos moi contentos co servizo e ademais no caso de que sexamos moitos collemos sen problema. Supoñemos, pois que a cousa andará sobre os 15 euros.
Unha cousa que si vai ser un pouco diferente vai ser a organización das clases, aínda que a cea vai ser en conxuto, Jorge levará o tema na clase de B , e eu (Cristina Lía) e Mara en A.
Para calquera dúbida non tedes máis que preguntar, que o importante é ir e que o pasemos ben, así pois, se sabedes dalgún outro sitio que poida ser máis barato e onde collamos todos, decídeo tamén.
Sen máis, saúdos: Cristina Lía.
5 comentarios:
ceeeena ceeeena ceeeena
viñooo viñooo viñoooo
preparación para o parís-dakar que unha de estas semanas convocarei xDDDD
eoeoeo opino qe deberiamos ir en traje,es la cena de navidad hay que ir elegantes :D
No mujer, la cena de navidad tiene que ser en diciembre xD
Esta es una cena más =)
festa rachadaaaa!! :D:D
Publicar un comentario