miércoles, 27 de octubre de 2010

A que xogamos? Culo, gilipollas, putamierda, presi…

27 de outubro do 2010, 13:00,o individuo o que apodaremos como “Átomo” ou “tomatito” parece que non vai deixar de gañar ás cartas, leva una partida tras outra ríndose sen cesar dos seus pobres compañeiros, os que, non por outra cousa que mala sorte, non lles tocan os catro douses coma a el.

“Átomo” comeza a pensar que nunca vai da deixar de gañar, empeza a ter ese mal gañar que sempre lle notamos, e a dicirlle á pobre e marabillosa rapaza que sempre perde, non por outra cousa que mala sorte, como que a salten, que lle toquen cartas menores de unha sota e estas cousas, "que? Quen me ten que dar as dúas cartas, eh eh eh? Ti eeeh.... Vou gañar sempre... E espera, que agora me vou poñer a xogar en serio, xa non gañades nin de broma...”.

E foi tras de estas palabras cando sucedeu o que todos esperábamos. Primeiro, “tomatito” quedou de segundo, el xa abraiado negativamente por non quedar de primeiro, empezou a levarse as mans a cabeza, e incluso, poidemos ver asomar unha pequena pinga do seu ollo...

E iso non foi todo, porque “Átomo” empezouse a tirar dos pelos, e non contento con iso, aporreou a mesa, e a silla, e todo o que estaba ó seu redor... menos esa marabillosa “torreta”, que claro, cos seus rizos semellantes ós tentáculos dun pulpo, díxolle: “Ei, quieto, chato! Pero non ves que eu son máis “potente” ca ti? Se non me gañas, non é pola destreza, ou porque eres un átomo, é porque eu son un pulpo, e coñezo de cheo os electróns, que agochan moitos máis secretos cun átomo! Digamos, pois..., que te coñezo... interiormente”.

Pero aí non quedou a cousa amigos, NON! Despois desa partida, na que o noso amigo Amoza, quedou primeiro, “Átomo" empezou a perder unha partida tras outra, sen ser capaz de remontar e quedando de último ou de penúltimo.
E sendo isto xa desastroso, non foi o peor, pois a marabillosa rapaza, da que antes falabamos, a pulpo, empezou a gañar, a quedar sempre de primeira botando todas as súas cartas antes de que os seus compañeiros, incluido “Átomo”, non botaran nin a metade.

E así, entre bágoas e mocos, entre mesas e choros, entre bocadillos e pulpos electrónicos, foi como o “Átomo” perdeu a súa partida, non sin deixar unha gran moralexa, meus queridos fillos...: Nunca te fíes de un átomo, hijo! Que máis valen uns grans tentáculos que moitos protóns!

Finalmente, meus queridos amigos, dígovos, que o segredo... está nos electróns... VIVAMOS NUNHA NUBE!

(P.D: Pronto teremos fotos de este suceso)

4 comentarios:

A geek dijo...

Si es que no se puede ir de átomo por la vida. xD
Espero ver pronto una foto para rememorar el momento.

A geek dijo...

Ah, y te falta el nombre de "presi" en el título. xD

( ◕‿‿◕ )〜❤ dijo...

jajajaja que brutaaaaal a entrada!!!

Mara dijo...

Yeah!