viernes, 15 de octubre de 2010

Benvida a ClorurodechumboII (chega tarde, pero chega!)

Ola chatos e benvidos a este blog que nos acompañará, espero, durante o tempo no que nos dediquemos a estudar química.

Como supoño xa vos decatariades, este blog está dedicado as partes máis importantes da nosa carreira, aquelas que nos se dan nas clases, é dicir, que non non ensinan ningún dos nosos marabillosos profesores, tratase claramente dos factores da diversión, da festa e do compañerismo. Esperamos que todos cheguemos a ser bos amigos, ou polo menos que nos soportemos de vez en cando, e que os botellóns e as ceas de clase axuden neste cometido.

En clorurodechumboII atoparedes novidades acerca dos botellóns ou ceas que se poidan celebrar, así como fotos, chistes, chismes (que pronto, seguramente empezarán a saír á luz) ou calquera cousa que a algún de nós se nos poida pasar pola cabeza (entendendo como nós, claramente, a calquera alumno que este ano este en primeiro de grao en química).

Así pois, espero que algún de vós se apunte a escribir neste caderno de laboratorio que aquí temos (si, este que seguramente entreteranos un pouco máis que o que temos na Avenida das Ciencias). Gustaríame tamén que todos disfrutedes moito deste blog, así como do curso na compaña de todos estes tolos que nos metemos a tal carreira de frikis.

Vémonos polos pasillos chatos!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Bieeeeeeeeeeeeeeeeeeen acutalizaciooooooooooooon!

vamos a darle vida a estoooooooooooooo

Como estornuda un atomo?
Schrodinger!

Martín dijo...

la relaciones públicas nos da la bienvenida!
jajajjajaja

cris lia dijo...

Que gracioso Martín! jajajajaj Mentres non soltes a palabra delegada, estarei contenta:)

Martín dijo...

non que se solto esa palabra ai quen me quere meter a min e non quero xD

cris lia dijo...

JOJOJOJOJOJOJO SEEE