miércoles, 26 de enero de 2011

A disfrutar de las vacaciones!

Dentro de unas pocas horas habremos acabado nuestro último examen de este cuatrimestre, dejando atrás pesadillas con ecuaciones y unidades de presión, los agobios antes de cada examen esperando en ese pasillo...

Así que, hasta que empiece el próximo cuatrimestre, dentro de "muchiiiiiiiiiisimo" tiempo tenemos que disfrutar de la fiesta!!!


P.D. evidentemente lo de largas es irónico

sábado, 15 de enero de 2011

Protón os desea suerte ;)

En este mes, como todos, está un poco desaparecido del mundo, y desde esa tortura que es el estudiar, os manda este mensaje para animaros a conseguir acabar este mes de locos ^^




Protón volverá con más aventuras en el segundo cuatrimestre, para intentar que estos próximos cuatro meses sean algo más llevaderos. Suerte a todos! :D

miércoles, 5 de enero de 2011

Poñámonos un pouco revolucionarios...

Vivimos nuns tempos difíciles para a revolución.

Os rapaces non pensan máis que en ver a televisión… Pero que nos ofrece hoxe en día a "caixa tonta"?

Hoxe en día, na televisión atopamos en xeral dous de programas: programas do corazón e series con alto contido en sexo e drogas.

Podería asegurar, que os que máis audiencia teñen son os programas do corazón, por iso de que agora moitas cadeas están infestadas deles (que si Sálvame pola mañá, que si o medio día, que si pola tarde, que si pola noite, que si o Diario de Patricia ou as mañás en non sei que cadea). O tipo de debates que hoxe se levan acabo, son aqueles que tratan sobre os famosos e as súas vidas.

O segundo tipo de programa máis visto, son as series con altos contidos en sexo e drogas. E é a iso ó que hoxe en día aspiran a maioría dos xovenes: estar no instituto, “tirarse” o 90% da poboación (se dentro do porcentaxe entra profesores, mellor que mellor), as rapazas quedar embarazadas, ser nais os 17, e non acabar os estudios, vivir dos pais mentres se poida e logo… e logo que?

Outro punto importante e relacionado con isto é cando a un rapaz ou unha rapaza lle preguntas sobre política, sabes que responden? “- Eu diso non entendo, nin quero entender, a min a política non me interesa” . Que a política non che interesa? A onde estamos chegando. A sociedade de hoxe en día esta quedando tan escasa de interés… a xente xa lle da igual como vivir, que tipo de sistema teñamos, mentres teñan comida, sexo e algún que outro día, un bo rato con alcohol ou drogas, eles son felices. Que máis dá quen nos goberne?

Pero bueno, claro, de vez en cando tamén oes o de “-Tal político é un gilipollas”, e preguntas ti “por que?” e non saben que contestar, pois son cousas que escoitaron na amiga “caixa parva”. Os rapaces de hoxe en día xa non teñen un pesamento propio, senón que unha pequena parte da nosa sociedade inculcalles un pensamento único, e así conseguen acabar coa revolución do pobo, así conseguen rematar cos dereitos, e co intento de buscar sociedades mellores diferentes a que temos hoxe en día, atopan así a forma de facer que o seu sistema perdure, porque a ninguén se lle ocorre dicir un “BASTA XA” a ninguén se lle ocorre propoñer un cambio, porque os cerebros están xa lavados. Os poucos que quedan, xa non atopan forma de facer que a cousa siga adiante, xa non atopan o camiño da revolución.

martes, 4 de enero de 2011

Eu tamén traballo -enquisas e paridas-

Ultimamente éstase a comentar por aquí que soamente Cris fai cousas, así que para demostrar que eu tamén aporto algo (aínda que sexan idas de olla) a este precioso blog, aquí estou!.

O primeiro é o primeiro, os resultados das últimas enquisas que remataron o día de fin de ano, do que esperamos que disfrutárades todos ^^

¿Qué ciudad prefieres?

¿Qué discoteca prefieres?


E agora despídome de vós con estas "perliñas" que atopei no noso, ante todo útil -SARCASMOOOOO-, libro de bioloxía ^^



"Si bien estas mutaciones son raras, pueden descubrirse en forma muy eficaz gracias a una propiedad única del hombre: los individuos mutantes se acercan a buscar atención médica"

Introducción a la Biología Celular, editorial panamericana.

Porque el sabe como de único es el ser humano


"Los estudiantes a veces se preguntan por qué las interconversiones químicas en las células siguen esos caminos tan complejos. La oxidación de los azúcares a CO2 y H2O ciertamente podría realizarse en forma más directa eliminando el ciclo del ácido cítrico y muchas de las etapas de la cadena respiratoria. Esto haría que la respiración celular fuera más fácil de aprender para los estudiantes, pero sería un desastre para las células..."


Introducción a la Biología Celular, edición panamericana.

Restregandonos que la biología podría ser más fácil de otra manera desde 1998




Feliz Ano Novo, e a ver se tedes moitos regaliños pasadomañá ^^

lunes, 3 de enero de 2011

2011.

Xaneiro


Non importa o que faga, cada persoa na Terra está sempre representando un papel principal na Historia no mundo.

Febreiro


Cando buscamos ser mellores do que somos, todo o noso redor vólvese mellor tamén.

Marzo


Necesitaba as ás. Elas móstrannos os horizontes sen fin da imaxinación, lévannos ata os noso soños, condúcennos a lugares lonxanos.

Abril


Sexas quen sexas ou fagas o que fagas, cando desexas con firmeza algunha cousa, é porque este desexo naceu da alma do Universo. É a túa misión na Terra.

Maio


É xustamente a posibilidade de realizar un soño o que fai que a vida sexa interesante.

Xuño


Mirar ás persoas que me rodean con sorpresa e asombro, alegre ó descubrir que están o meu lado compartindo algo chamado amor, do que moito se fala pero poucos entenden.

Xullo


Un neno sempre pode ensinar tres cousas a un adulto: a poñerse contento sen motivo, a estar sempre ocupado con algo e a saber esixir con todas as súas forzas aquelo que desexa.

Agosto


A dor transfórmase en alegría, no sentido da vida, no placer.

Setembro


O camiño máis importante é aquilo que che levou a camiñar.

Outubro


Fuxe da rutina e intenta de novo o espectacular. Esa pequenez, por insignificante que sexa, pode abrirte as portas a unha gran aventura.

Novembro


Cando esteamos ante situacións desagradables que non podemos superar, haise que relaxar. O Universo segue traballando por nos en segredo.

Decembro


A nosa vellez dependerá da maneira en que vivamos. Podemos acabar coma unha cidade fantasma. Ou coma unha árbore xenerosa... que segue sendo importante incluso despois de non poder terse en pe.



Feliz 2011.

(Frases sacadas de distintos libros de Paulo Coelho)